BENVIDOS

A TÚA COCIÑA DESDE 1995

Benvido a Siglo XXI Tapería, o teu recuncho ideal para vivir unha experiencia gastronómica única en Lalín. Desde 1995 este local de restauración traballa cos mellores produtos locais para ofrecer platos co sabor único da cociña galega. Un ambiente familiar creado tanto para un xantar informal, para unha cea de empresa, para celebrar unha ocasión especial ou para tapear calquera tarde. SigloXXI Tapería ofrece un menú ao gusto de todos.

O TEU LOCAL DE SEMPRE

PARA COMER BEN

Dende 1995, temos o pracer de servir unha excelente comida a toda a xente que pasa por Lalín.  Grazas a todas as persoas que deciden encargar as súas ceas de empresa, celebracións entre amigos, comidas coa familia e todo tipo de convites connosco. Estamos encantados de que escollases pasar tempo connosco.

QUERES PASAR UN BO ANACO?

VISÍTANOS!

Se o que queres é tomar unha cervexa ou un bocado, a Tapería Siglo XXI de Lalín é o teu lugar. Un lugar para todas as idades cun ambiente fantástico e unha espectacular terraza na que tomar un café, saborear unha cervexa refrescante ou animarte coa túa primeira copa.

UN NOVO CONCEPTO DE COMIDA

PARA LEVAR

Cociña caseira, pratos cociñados con amor e os mellores produtos da zona. Na Tapería Siglo XXI de Lalín temos unha gran variedade de entrantes, pratos fortes, sobremesas… para levar e gozar onde queiras. Sorprende na casa cun menú incrible sen manchar a túa cociña.

Non o dubides e disfruta na túa casa da mellor comida de Lalín.